Grego capadocio

Grego capadocio
Falado en: Grecia (orixinalmente Capadocia, no centro de Turquía)
Rexións: Capadocia
Total de falantes: 2 800 (2015)
(antes se pensaba que estaba extinta)
Familia: Indoeuropea
 Helénica
  Ática-xónico
   Grego capadocio
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: cpg
Mapa

Antigo territorio grego capadocio.
Status

O grego capadocio está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O capadocio (SIL: CPG; ISO 639-2: ine), tamén coñecido como grego capadocio ou grego de Asia Menor, é unha lingua helénica falada noutrora en Capadocia (Turquía central). Tras o intercambio de poboacións entre Grecia e a Turquía nos anos 1920, os falantes capadocios víronse obrigados a emigrar a Grecia, onde foron instalados en diversas rexións, especialmente en Grecia central e setentrional. Os capadocios pasaron moi rápido ao grego moderno standard e pensábase que a súa lingua se extinguira nos anos 1960.

En xuño de 2005, Mark Janse (Roosevelt Academy, Middelburg) e Dimitris Papazachariou (Universidade de Patras) descubriron capadocios na Grecia central e setentrional que falaban a súa lingua materna habitualmente. Entre eles hai falantes da terceira xeración de mediana idade que teñen unha actitude positiva cara a súa lingua, contrariamente aos seus pais e avós. Hai actualmente en preparación un inventario dos falantes capadocios e do seu uso lingüístico.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search